Neofalantes

Hoxe estivemos reflexionando sobre as persoas neofalantes. Aínda que, a priori, todas/os sabemos máis ou menos de que vai iso das persoas neofalantes, cumpriu intentarmos responder algunhas preguntas para aclararmos de que estabamos a falar:

  • Que significa que unha persoa é neofalante dunha lingua?
  • Cando e en que contexto social xorden as persoas neofalantes de galego?
  • Que razóns pode ter unha persoa para se converter en neofalante?
  • A que dificultades se enfronta unha persoa neofalante?
  • Que efecto teñen as persoas neofalantes sobre a situación sociolingüística do galego?

Na presentación que empregamos na aula podemos atopar algunhas pistas para respondermos estas preguntas, mais quizais sexa mellor escoitarmos o testemuño dunha neofalante confesa e orgullosa da súa condición. Un bo exemplo é a historia de  Belén Regueira, contada por ela mesma nunha charla que comezamos a ver na aula e que remataremos o vindeiro luns, mais se non es quen de agardar para veres como remata, velaquí o vídeo completo:

Xa sabes, se estás pensando en dares o paso e convertéreste nunha persoa neofalante de galego, debes ter en conta que o camiño non vai ser doado, mais pode ser moi gratificante. Quen sabe, pode que un día as persoas “paleofalantes” xa non sexan quen de detectaren a túa condición de neofalante, e mesmo pode que chegues a ser a próxima voz do Dicionario de pronuncia da lingua galega, coma a nosa protagonista.

Advertisements

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out / Change )

Connecting to %s

%d bloggers like this: